O luns as altas presións continuarán ao norte das Illas Británicas desviando ás borrascas cara o suroeste da Península. Seguiremos con tempo seco durante o día, iran aumentando as nubes medias pola tarde e non se descarta algunha chuvia feble ao sur pola noite. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente leste con intervalos moderados no litoral.

O noso mar: Vento do sueste á mañá e á noite e variable á tarde, forza 2 a 3. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



