Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira, asume a presidencia de Barbanza Arousa

19 Xaneiro 2024

Este xoves 18 celebrouse o pleno da Mancomunidade de Municipios Barbanza-Arousa (formado polos Concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) na sala de xuntas do Concello de Boiro. O pleno saldouse co cambio de presidencia e traspaso de poderes, dentro da súa orde do día. Este cambio prodúcese de forma anual e, para o ano 2024 é a quenda de Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira, que colle a remuda de José Ramón Romero, alcalde de Boiro, e estréase como presidente da entidade.

Durante a sesión, ambos os alcaldes (o presidente saínte e o entrante) destacaron “a boa sintonía e colaboración que existe entre os catro Concellos da Mancomunidade para levar a cabo a estratexia do destino turístico”. Tamén destacaron que “esta estratexia seguirá a liña que xa se viña traballando, baseada na ría de Arousa e a serra do Barbanza como eixes diferenciadores e co Camiño de Santiago por terra e por mar como produtos principais”.

Os alcaldes engadiron que este ano abórdase a execución do Plan de Sustentabilidade Turística dotado con 1,5 millóns de euros, “o que supoñerá un antes e un despois para o territorio, e o financiamento concedido para Destinos Turísticos Intelixentes”. A achega dos fondos Next Generation ao ecosistema turístico da comarca, sinalaron, “suporá a posta en valor da enogastronomía local e tamén da súa historia pesqueira, de salgadura, conserveira e vinícola que forxou unha identidade propia do destino”.

Destacaron asemade actuacións como a creación do Museo da Conserva e da Salgadura, a inmersión no barrio dos Cataláns da Pobra así como experiencias no traballo nas adegas e conserveiras actuais e a degustación de produtos de primeira calidade que buscan xerar a emoción no visitante.

Continuarase, así mesmo, potenciando a colaboración público-privada e o traballo co sector, continuando este ano a implantación do selo de calidade turística SICTED.

A primeira gran cita deste ano será a presenza de Barbanza Arousa en FITUR a vindeira semana.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...