Julio Alcalde e Alfonso Cespón presentan a XI Marcha BTT e a VI Andaina Concello de Rianxo

26 Xaneiro 2024

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes de Rianxo, Julio Alcalde, xunto co presidente da Castro Barbudo Peña Cicloturista, Alfonso Cespón, presentaron este venres 26 de xaneiro a XI edición da Marcha BTT Concello de Rianxo e a VI edición da Andaina Concello de Rianxo. Segundo indicaron as inscricións (para a Marcha Ciclista BTT e para a Andaina) están abertas até o 31 de xaneiro a través da web Emesports.es.

A Marcha BTT e a Andaina celebraranse de xeito simultáneo o vindeiro domingo 4 de febreiro. As dúas probas están organizadas pola Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo. Será como dixemos o domingo 4 de febreiro de 2024 con saída e chegada no recheo do porto de Rianxo. A saída darase ás 09:00 h.

A hora de remate de cada proba virá marcada polo percorrido elixido.

XI Marcha BTT Ciclista Concello de Rianxo

As inscricións a XI Marcha de Rianxo finalizarán o mércores 31 xaneiro 2024 23:59h. ou ao completar a cota de prazas dispoñíbeis.

Nº máximo de inscricións: 500

Nº de inscritos confirmados: 122

Nº de inscritos pendentes de pago: 1

Ruta longa: 70 quilómetros

Ruta Media: 50 quilómetros

Ruta Curta: 30 quilómetros.

A idade mínima para poder participar na BTT e na Andaina será de 18 anos.

A VI Andaina Concello de Rianxo

A andaina inclúe un percorrido único de 22 quilómetros. Grazas ao seu trazado poderemos desfrutar dalgunha das mellores paraxes do municipio e gozar, tamén, da paisaxe da ría da Arousa e das terras do interior.

As inscricións a VII Andaina Concello de Rianxo finalizarán o mércores, 31 de xaneiro de 2024 23:59h. ou ao completar a cota de prazas dispoñíbel.

Nº máximo de inscricións: 150

Nº de inscritos confirmados: 77

Nº de inscritos pendentes de pago: 0

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.