A Plataforma para un Transporte Digno na Comarca do Barbanza convocou unha concentración para este venres 27 de xaneiro ao mediodía (ás 12 horas) na Parada Central de Ribeira, en fronte do Mercado Municipal. Na mobilización, aberta á cidadanía que queira implicarse e participar, as entidades convocantes (unha ducia de colectivos veciñais e anpas dos colexios da comarca) reclamarán un transporte de calidade para os concellos do Barbanza (máis liñas, máis regularidade, máis respecto polos horarios, mellor servizo, etc).




