En Rianxo, récord de solicitudes nas liñas de axuda local a familias traballadoras

22 Xaneiro 2024

A segunda tenente de alcalde e concelleira de Política Social de Rianxo, Ana Vidal, debullou a semana pasada, ante os medios de comunicación, as diferentes axudas que se convocaron dende o Concello para as familias traballadoras con fillos e fillas en idade escolar.

Segundo fixo saber deuse continuidade ás bolsas para material escolar, material e roupa deportiva e dispositivos electrónicos. Dentro das mesmas bases, houbo tres tipos de axudas: as de material escolar, cun importe máximo de 50€/alumno/a; achegas para material e roupa deportiva, cun importe de 75€/menor; e as axudas para dispositivos electrónicos, cubrindo o 75% da factura, ata un máximo de 300€ por alumno/a. Ademais, sinalou, convocáronse “por vez primeira en Rianxo” as bolsas para comedores escolares, e desta volta o importe da axuda ascendeu aos 200€ por cada alumno/a que desfrute deste servizo. “Ofertamos tamén as axudas para conciliación familiar, coas que cada familia recibe unha achega de 400€ por menor”, apuntou a concelleira, engadindo que a acollida das liñas de axuda “foi boa” e que, de feito, este curso resultou ser o que máis solicitudes rexistrou.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.