O vindeiro venres 05 de xaneiro os Reis Magos veñen a Rianxo. A partir das 15.00 horas, a comitiva dos Reis Magos percorrerá as parroquias do termo municipal. O percorrido previsto polas estradas principais será: Isorna, Leiro, Fincheira, Rúa Arcos Moldes, Estrada de Rianxiño, O Pazo, Fachán, Taragoña (volta en Beluso), Araño, Burés, Asados, Rinlo e praza de Castelao (Rianxo).
En Rinlo, arredor das 18.30 horas, unirase á comitiva da Cabalgata un séquito de animación de rúa e musical a pé que acompañará ás carrozas ata a praza de Castelao. Sobre as 19.00 horas As Súas Maxestades realizarán a ofrenda no Belén Vivinte, serán recibidos pola Corporación municipal e atenderán a todas peticións das persoas que se acheguen e repartirán un carameliños.
A partir das 17.30 horas xa pode visitarse o Belén Vivinte así como tamén haberá obradoiros en Rinlo para as crianzas.
No caso de condicións meteorolóxicas adversas a recepción dos Reis Magos trasladarase ao Pavillón Polideportivo José Manuel Abuín “Chema”.
O Concello recomenda que prestemos atención ao sitio web municipal e ás redes sociais polos posíbeis cambios debido ao tempo.




