DAGA Barbanza celebra o 9 de marzo na Pobra un novo curso de iniciación á apicultura

18 Xaneiro 2024

DAGA do Barbanza, representación na nosa comarca da Asociación Galega de Apicultura, vai organizar este inverno unha nova actividade formativa relacionada co coidado das abellas e coa recolección do mel. Trátase dun curso de iniciación á apicultura no que se familiarizará ás persoas participantes nos primeiros pasos desta práctica: conceptos básicos, manexos, coñecer colmeas, etc.

Na actividade tamén se inclúe unha visita ao apiario de DAGA do Barbanza (se as condicións climáticas o permiten). O curso desenvolverase na Pobra do Caramiñal o vindeiro 9 de marzo a partir das 10.00 horas (e até as 19.30 horas aproximadamente). Terá un custe de só 5 euros para os socios da AGA, e de 15 para os non socios. Máis información no teléfono 609 831 755 ou na conta de correo dagabarbanza@elmuelle.es. Será preciso levar traxe de apicultura e luvas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.