Comezan en Rianxo os Actos Castelao 2024

15 Xaneiro 2024

O Concello de Rianxo, a través da Área de Cultura municipal, compartiu a axenda de actividades programadas polo dito departamento, en colaboración con outras entidades locais e comarcais (por exemplo a Asociación Barbantia ou o Museo do Gravado de Artes, en Ribeira), no marco dos Actos Castelao 2024, que conmemoran novamente o legado artístico, humano, cultural e político do ilustre rianxeiro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

–MÉRCORES 17/01/24, 12.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (sala de exposicións)

EXPOSICIÓN: apertura da mostra do XVII Premio Jesús Núñez de Gravado da Deputación da Coruña.

–VENRES 19/01/24, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (salón de actos, 1º andar)

RELATORIO: Castelao artista gráfico, a cargo de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital; acompañado por Julio Alcalde, Concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo.

.SÁBADO 20/01/24, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (salón de actos, 1º andar)

CHARLA COLOQUIO: Castelao na prensa, a cargo de Miguel Anxo Seixas, Presidente da Fundación Castelao; acompañado por Julián Bustelo, Alcalde do Concello de Rianxo e intervención musical de Noelia Gómez e Rui Grenha musicando textos de Cousas de Castelao.

–VENRES 26/01/24, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (sala Arcos Moldes)

LIBROS: presentación de O libro secreto da filosofía de José Carou Rey, coas intervencións da ilustradora da obra, Sara Valcárcel; a profesora e tradutora Margarita Fernández Gómez; o escritor e membro de Barbantia, X. Ricardo Losada; o Director de Producións da Editorial Galaxia,, Xesús Domínguez; o Concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo, Julio Alcalde e o propio autor.

Intervención artística e coloquio a cargo de Miguel Mosquera. Apertura e peche musical a cargo de Tano Domínguez (piano) da Escola de Música de Rianxo.

–SÁBADO 27/01/24, 12.00, PASEO DA RIBEIRA (busto de Castelao)

OFRENDA FLORAL: Intervención de autoridades. Acompañamento musical a cargo de Río de Anxo.

–DO MÉRCORES 17/01/24 AO XOVES 15/02/2024, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (sala de exposicións)

EXPOSICIÓN: XVII Premio Jesús Núñez de Gravado da Deputación da Coruña

Organizados polo Concello de Rianxo xunto coa colaboración da Deputación da Coruña, o Museo da Artes do Gravado á Estampa Dixital do Concello de Ribeira, a Asociación Barbantia, a Fundación Castelao, a Escola de Música de Rianxo, a Editorial Galaxia e La Voz de Galicia.

Máis información no sitio web do Concello de Rianxo, 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.