Choivas e subida de temperaturas para este luns asociadas á borrasca Hipólito

14 Xaneiro 2024

Seguiremos unha xornada máis na influencia das baixas presións centradas ao oeste de Galicia xerando circulación do suroeste. Agárdase un día de ceos moi nubrados con chuvias máis probables a primeiras horas, quedando pola tarde en forma de orballo principalmente en puntos do litoral atlántico. As temperaturas non terán cambios significativos, polo que continuaremos en valores moi suaves para esta época do ano, O vento soprará frouxo do suroeste, con intervalos moderados no mar.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3. Mar ovellado. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Xoves seguimos con chuvascos e temperaturas baixas

Seguimos outra xornada baixo a influencia de inestabilidade atmosférica debido a presenza de aire frío en capas altas. Con esta situación, teremos ceos nubrados con chuvascos localmente treboentos acompañados dalgunha saraibada puntual. Na comarca teremos ceos con...

+

Porto do Son celebra a XXII Xuntanza de Confraternidade dos Maiores

Mais de 700 veciños do Son particiaron este domingo na XXII Xuntanza de Confraternidade dos Maiores. A xornada organizada polo concello iniciouse cunha misa na igrexa de San Vicente de Noal no que cantou o Coro Parroquial de Porto do Son. Posteriormente celebrouse o...

+

A Garda Civil detén un veciño da Pobra acusado de tráfico de drogas

Axentes de paisano da Garda Civil de Boiro detiveron a un home no lugar da Pontenaveira, na parroquia pobrense de O Caramiñal, como investigado pola presunta comisión dun delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas ou substancias que fan grave...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...