Boiro acolle este mércores unha charla sobre educación sexual do programa Espazo Familias

31 Xaneiro 2024

O Centro Social de Boiro acolle este mércores 31 de xaneiro ás 18.00 horas unha nova charla divulgativa do programa Espazo Familias. Desenvolverase baixo o epígrafe Educación sexual. Comprendendo para acompañar, polo que será de utilidade para nais, pais e educadoras/es que desexen contar con recursos cos que afrontar as dúbidas que os nenos e adolescentes poidan ter en relación ao sexo. Como dixemos a actividade abéirase ao programa Espazo Familias que desenvolve a comunidade educativa do concello de Boiro. A charla divulgativa será impartida por Penélope Alonso, psicóloga e sexóloga, Jaime Bello, educador social (taller de adolescentes) e Alba Fernández, educadora social (taller de primaria). Haberá servizo de canguraxe (prazas limitadas).

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.