Besteiro di que o PSOE estará na manifestación do 21 de xaneiro en defensa do mar

14 Xaneiro 2024

O candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, confirmou este domingo 14 de xaneiro que os socialistas galegos acompañarán á xente do mar na manifestación convocada o próximo 21 de xaneiro en Santiago en defensa do mar e en protesta pola xestión da crise dos granulados vertidos polo buque Toconao. Así o dixo durante unha visita a Carnota, onde mantivo unha xuntanza coa Confraría de Pescadores de Lira.

O responsábel socialista avogou por “unha Galicia “limpa da contaminación das mentiras” e dixo que o PSdeG é “o primeiro partido en confirmar a súa asistencia á manifestación do próximo domingo”. Besteiro confirmou que o partido vaise “sumar e apoiar” esta mobilización “xunto cos pescadores, mariscadoras, biólogos, ecoloxistas e voluntarios”.

Gómez Besteiro criticou a xestión do goberno galego aludindo ao último bandazo coa xestión da marea plástica, “logo de que a conselleira de Medio Ambiente anunciara este sábado unha comisión para analizar a toxicidade dos pélets logo de semanas negando a súa toxicidade”, dixo na Confraría de Pescadores de Lira, facendo un chamamento á Xunta a colaborar co Estado nun momento de crise no que “a suma das administracións é extraordinariamente importante”. Anunciou que os socialistas galegos farán “seguimento” do cumprimento de “tódalas administracións” nas tarefas de limpeza “para poñer fin á marea plástica”.

Besteiro tamén visitou á praia de Portocubelo, en Lira, xunto cos representantes do sector do mar da zona, aos que acompañaron membros da candidatura e os alcaldes e alcaldesas socialistas da Costa da Morte, ademais de representantes políticos do PSdeG.

Besteiro visitou Carnota acompañado do alcalde da localidade, Juan Manuel Saborido, e xunto coas alcaldesas e alcaldes de Camariñas -Sandra Ínsua-, Cee -Margot Lamela-, Dumbría -Raúl González-, e Vimianzo -Mónica Rodríguez-.

O alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, coincidiu co candidato socialista e salientou “a importancia fundamental da cadea do mar para a economía galega e sobre todo para as localidades costeiras”. Criticou a estratexia do Goberno galego e subliñou que “non imos a ser nós os que estraguemos este entorno”, que no caso de Lira é Lugar de Interese Comunitario e Rede Natura 2000, por “unha simple campaña electoral”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.