Ameaza a policías e clientes dun bar de Rianxo e acaba no hospital

03 Xaneiro 2024

Un home foi detido en Rianxo despois de protagonizar un altercado nun bar, onde se presentou cunha pinza coa que causou danos no coche do propietario e, despois, ameazou a varios clientes e aos axentes da Policía Local que acudiron ao local para intervir.

O incidente produciuse na tarde do martes nun bar ao que o arrestado acudiu cunha pinza de labranza, segundo trasladaron fontes da Garda Civil, que asumiron a custodia do home tras ser arrestado polos axentes da Policía Local.

O detido golpeou coa ferramenta no coche do propietario do local antes de entrar no interior do mesmo e dicirlle que o seu coche tiña danos. Cando este saíu do local para ver o seu vehículo, o arrestado comezou a ameazar coa pinza aos clientes que se encontran alí.

O home continuou coa súa actitude cando chegaron ao bar axentes da Policía Local, aos que tamén ameazou co seu apeiro de labranza. Unha vez arrestado, foi levado ao centro médico da localidade onde o facultativo decidiu requirir os servizos do 061 para que fose trasladado en ambulancia a Santiago para ser levado á unidade de psiquiatría do CHUS.

Garda Civil Rianxo

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.