Alfonso Villares enxalza en Boiro o potencial do sector industrial galego vinculado ao sector mariño e a súa aposta pola innovación e a sustentabilidade

03 Xaneiro 2024

O desenvolvemento de sectores industriais sustentados no desenvolvemento tecnolóxico e na innovación é un dos piares fundamentais no desenvolvemento dunha pesca competitiva e sustentable. Así o subliñou o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, durante a súa visita ás instalacións de Rotogal e JJ Chicolino, ambas pertencentes ao Grupo JJChicolino, no polígono industrial Espiñeira na localidade coruñesa de Boiro. Durante a visita, o responsable autonómico puido coñecer de primeira man o traballo que se realiza en ambos centros de produción na fabricación e comercialización de todo tipo de produtos para a pesca así como na fabricación de produtos e solucións de rotomoldeo como contedores, palés rotomoldeados isotérmicos ou boias de amarre.

O responsable autonómico destacou o potencial do sector industrial galego vinculado ao sector mariño e puxo en valor a súa contribución á competitividade e sustentabilidade do conxunto do sector pesqueiro mediante o subministro de equipamentos e materiais de última xeración. Unha actividade que fai da nosa comunidade todo un referente tecnolóxico internacional como demostra a presenza deste grupo empresarial en máis de 40 países e que, á vez, permite xerar emprego de alta cualificación e de calidade.

Alfonso Villares comezou a súa visita nas instalacións de Rotogal que iniciou a súa actividade no 2005 e que é pioneira no rotomoldeo en España. Os seus produtos e servizos céntranse en diferentes industrias como a acuicultura, a pesca, a automoción, a loxística ou calquera outro sector  que precise deseñar, producir ou fabricar produtos plásticos a través desta técnica. Ademais, prestan outros servizos como o de consultaría para estudar a viabilidade para o desenvolvemento integral de novos produtos e un departamento de reparación, sempre tendo como máxima a calidade e cunha aposta decidida pola investigación e a innovación.

Posteriormente, o titular de Mar dirixiuse ás instalacións de JJ Chicolino, unha compañía con máis de 40 anos de experiencia no desenvolvemento de solucións para o sector da pesca e da acuicultura. Esta empresa recupera, recicla e deseña redes provenientes da pesca e a acuicultura, dándolles unha segunda vida, fabricando produtos para a acuicultura e materias primas para os procesos industriais de fabricación. Un modelo de negocio baseado na economía circular e na xestión responsable dos recursos que grazas ao ecodiseño dos produtos busca a súa optimización permitindo a súa reutilización e reciclaxe unha vez que remata a súa vida útil. Para rematar o conselleiro visitou a empresa Egalsa especializada na fabricación de solucións de envasado, principalmente para marisco, con presenza en mercados como o francés, o portugués ou o italiano.

Alfonso Villares puxo en valor a sustentabilidade como piar no desenvolvemento económico do futuro e os esforzos realizados polo sector pesqueiro galego e da súa industria na súa transformación tecnolóxica para compatibilizar as súas actividades económicas co respecto e coidado do medio ambiente. Un proceso que a súa vez está traendo consigo o desenrolo de novas tecnoloxías que incrementan dun xeito exponencial o valor engadido da actividade pesqueira na economía galega.

 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.