Adxudicado o saneamento e pavimentado da rúa do Colexio de Corrubedo

04 Xaneiro 2024

O Concello de Ribeira vén de adxudicar o saneamento e pavimentado da rúa do Colexio de Corrubedo con un orzamento de 67.515,76 euros. A obra consistirá na instalación dunha liña de saneamento de 262 m de lonxitude e a pavimentación da vía para a mellora da accesibilidade e mobilidade da veciñanza.

“Con esta actuación preténdese tamén contribuír á seguridade viaria, reducindo o risco de accidentes e facilitando o tránsito peonil e vehicular.” explicou o alcalde Luís Pérez.

Segundo engadiu, o Goberno local seguirá a traballar para a dotación de servizos básicos en tódalas parroquias. “O saneamento é un servizo fundamental para a saúde pública así como para a prevención da contaminación da auga no noso rural”, concluíu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.