ADEGA insta á Xunta e ao Estado español a actuar de urxencia ante a aparición de inxentes cantidades de perigosos microplásticos (pellets) nas costas galegas

04 Xaneiro 2024

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) insta á Xunta de Galicia e á demarcación de Costas de Galicia a que “activen urxentemente o Plan de continxencias por contaminación mariña accidental ante a aparición nos últimos días de toneladas de microplásticos nas costas galegas”. Segundo lembra a asociación, os microplásticos apareceron inicialmente nas praias de Noia, Muros e do Barbanza tras a suposta caída ao mar galego dun contedor dun buque que transportaba pellets de plástico inferiores a 5 milímetros para a fabricación de botellas ou outro tipo de produtos plásticos en procesos industriais.

ADEGA recorda tamén que até o de agora, malia que a alerta saltou o 8 de decembro, da man de Noia Limpa, “nin a Xunta nin Costas están a facer nada para controlar a afectación deste vertido, detectar os puntos de contaminación ou proceder á retirada dos microplásticos”. A asociación pon o foco na perigosidade destes refugallos: “Estes residuos, de non ser eliminados das praias, poderían acabar facendo parte da nosa cadea trófica ou alimentaria, inxeridos pola fauna mariña, alén de supoñer unha nova agresión contaminante sobre o noso litoral e toda a biodiversidade costeira”. Malia todo, lonxe de resolverse o problema, a cada marea, seguen chegando máis microplásticos ás nosas costas e xa hai avisos da súa arrivada en praias de Lugo e mesmo de Asturias e Cantabria.

ADEGA sinala que a iniciativa está a vir unicamente de voluntarios, particulares e entidades locais: “Polo que sabemos ata o momento, e á falta doutra información oficial, só particulares e algunhas confrarías de pescadores, servizos de protección civil e asociacións locais, como Noia Limpa, están a acudir voluntariamente ás praias para retirar estes restos plásticos das costas, recolléndoos en sacos para levalos aos puntos limpos”. Porén, “ningunha destas actuacións está sendo supervisada polas administracións públicas”, denuncian, nin contan con ningún tipo de instrucións, protocolo, seguro, ou apoio institucional. Ademais, este vertido xa está afectando a algún espazo natural protexido, como é o caso dos areais de Corrubedo, polo que poderían estar exercendo un efecto negativo sobre hábitats e especies protexidas a nivel europeo e internacional.

ADEGA lembra á Administración galega que “ante episodios deste tipo, debe poñer en marcha un plan de continxencias que procure a protección das persoas, do medio ambiente e dos bens que resulten afectados por sucesos accidentais, como o acontecido, e que provoquen a contaminación mariña”. A asociación recorda que neste problema ambiental teñen responsabilidades as Consellarías do Mar, de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de Sanidade e á propia Presidencia da Xunta. Así mesmo, tamén apelan á Demarcación de Costas de Galicia para que exerza as súas competencias na materia.

E engaden: “Desde ADEGA lamentamos comprobar unha vez máis como ante novos episodios de contaminación mariña das nosas costas, as administracións seguen mirando cara a outro lado, exercendo un claro desleixo de funcións, que volve poñer nas mans da cidadanía a responsabilidade de protexer e coidar a nosa contorna litoral”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.