ADEGA fai unha nova chamada para a limpeza de praias en Cangas, Muros e Barreiros o sábado 20 de xaneiro

17 Xaneiro 2024

Perante a marea de granulados plásticos que segue presente nas costas galegas, ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) vén de marcar unha nova data para participar en varias limpezas de praias simultáneas. Estas accións celebraranse o vindeiro sábado, 20 de xaneiro, en areais de Cangas e Muros, onde se conta co apoio dos concellos, e Barreiros, limpeza coa que colabora o Concello de Lugo.

Máis polo miúdo, a limpeza no concello de Barreiros terá un carácter formativo e estará dirixida, sobre todo, a aquelas persoas que teñan interese en coordinar futuras accións de voluntariado para a retirada de microplásticos e outro lixo mariño dos areais. Este carácter formativo responde á necesidade de achegar ao voluntariado instrucións precisas e claras de como se debe de actuar para realizar unha limpeza axeitada de residuos e, particularmente, dos granulados de microplástico que asolan as nosas costas. O Concello de Lugo, que financia esta actividade, porá a disposición das persoas participantes un autobús con saída de Lugo ás 10h e hora estimada de regreso ao mesmo punto da cidade ás 15:45h.

O persoal de ADEGA que coordinará estas actividades porá a disposición de todas as persoas participantes un protocolo de limpeza do lixo mariño, con especificacións concretas para a retirada de pellets de microplástico das praias, o seguro e o material preciso para o desenvolvemento da limpeza con todas as medidas de seguridade. As prazas para calquera das tres xornadas son limitadas e o voluntariado interesado en participar xa pode inscribirse a través dos seguintes formularios:

Xornada de limpeza de praias en Cangas/Muros.

Xornada de limpeza de praias en Barreiros.

Unha vez aceptadas as solicitudes, as persoas voluntarias recibirán por correo electrónico toda a información específica sobre os puntos de encontro e as praias concretas nas que se actuará. Para futuras convocatorias, as persoas interesadas poden preinscribirse a través da ligazón específica habilitada.

Engadir que ADEGA xa organizou a pasada semana máis accións deste tipo, a asociación ecoloxista leva coordinado a arredor de 210 persoas voluntarias que se achegaron a varios puntos da costa galega para colaborar na retirada de lixo mariño. Todas estas persoas recibiron formación básica para a organización de grupos de voluntariado nas limpezas de praias. Nestas accións recolléronse un total de 24 kg de pellets plásticos e máis de 107 kg doutros residuos, particularmente, nos areais de Boa Grande (Noia), Lariño (Muros), Queiruga e Arnela (Porto do Son), Pedra da Sal (Carballo), Nerga (Cangas) e Barreiros (Lugo).

Alén das accións de recollida de pellets, ADEGA tamén fai un chamamento á sociedade para acudir á manifestación convocada polo movemento ecoloxista e o sector do mar o domingo, 21 de xaneiro, en Compostela, co obxectivo de denunciar a tardanza e o desleixo das administracións públicas na xestión desta chegada masiva de materiais plásticos á costa galega.

Para máis información:

Limpeza en Cangas: Miguel Leirós (661107678)

Limpeza en Muros: ADEGA Xeral (981 570 099)

Limpeza en Barreiros: Lucía A. Anido (677800293)

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...