Aberto o prazo para presentar candidaturas aos II Premios do Deporte da Deputación

11 Xaneiro 2024
O deputado de Deportes, Antonio Leira

A Deputación da Coruña abriu este mércores 10 de xaneiro o prazo para propor candidaturas á II edición dos Premios do Deporte que convoca a institución provincial para “recoñecer ás persoas e entidades da provincia que destaquen pola súa traxectoria logros deportivos ou pola a súa contribución ao fomento da práctica deportiva”, segundo se sinalan nas bases. Así, teremos até o 31 de xaneiro para presentar candidaturas. Poderán facelo todas as persoas físicas ou xurídicas que teñan relación ou estean interesadas na práctica ou promoción do deporte.

As bases establecen 15 categorías diferentes dos Premios do Deporte Deputación da Coruña: Mellor deportista masculino, Mellor deportista feminina, Mellor deportista veterano masculino, Mellor deportista veterana feminina, Mellor deportista promesa masculino categoría base, Mellor deportista promesa feminina categoría base, Mellor deportista con diversidade funcional masculino, Mellor deportista con diversidade funcional feminina, Mellor adestrador, Mellor árbitro/a xuíz/a, Mellor entidade colaboradora, Mellor evento deportivo, Mellor entidade na promoción do deporte de base, Mellor entidade na promoción do deporte inclusivo e Premio a toda unha vida dedicada ao deporte.

O xurado resérvase o dereito de realizar ata catro mencións, sempre que o considere oportuno, para aquelas persoas ou entidades que desenvolvesen unha actuación no ámbito do deporte digna de ser destacada a nivel provincial.

Os premios consisten nun galardón conmemorativo e un diploma acreditativo, ademais do recoñecemento social que a Deputación promoverá a través dos medios de comunicación e das súas redes sociais.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2024, ás 14 horas. As solicitudes tramitaranse sempre de xeito telemático a través da sede electrónica da Deputación.

A Deputación organizará unha Gala do Deporte na que se convidará as persoas e entidades participantes e onde se fará público o fallo dos premios, facendo entrega de todas as distincións aos premiados e premiadas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...