A Xunta declara proxecto industrial estratéxico a planta de Solt Sea Farm en Rianxo

12 Xaneiro 2024

O Consello da Xunta de Galicia aprobou este xoves 11 de xaneiro a declaración como proxecto industrial estratéxico da planta de manipulación e envasado de peixe (rodaballo e linguado) proxectada pola compañía internacional Stolt Sea Farm no polígono industrial de Rianxo (o Polígono do Te). A decisión adoptada foi valorada positivamente polo alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, que explicou que esta declaración permite axilizar os prazos para a posta en funcionamento da nova factoría e, tamén, emendar unha serie de dificultades que viñan obstaculizando o desenvolvemento dun proxecto que contará cun investimento de 44,5 M€ e co cal a empresa prevé crear 173 postos de emprego directo.

Fontes do Concello engaden que o complexo industrial, que se implantará en seis parcelas adquiridas pola empresa, estará composto por unha edificación de dúas plantas para procesamento, un edificio auxiliar e outro para oficinas, cun total de 28.409,70 m² de superficie construída. Adicionalmente, executarase un edificio destinado a almacén loxístico con 6.372,04 m², ademais dun almacén auxiliar de 5.085,36 m².

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.