A Xunta coordina cos concellos afectados e a empresa armadora a retirada dos pellets plásticos vertidos por un buque mercante en Portugal

04 Xaneiro 2024

Volven aparecer nas costas galegas grandes cantidades de pellets plásticos
Nos areais das Rías Baixas e na ría de Muros e Noia levan aparecendo, desde o 13 de decembro, “grandes cantidades” de pellets plásticos, en bolsas de ao redor de 25 quilos, co nome dunha empresa con sede en Polonia.

Tal como informamos en “obarbanza.gal” o pasado 8 de decembro o buque mercante Tocano, mentres navegaba en augas portuguesas, perdeu varios contedores que formaban parte da súa carga, un dos cales contiña pellets plásticos, o que foi notificado o CCS Finisterre e posteriormente á Dirección de Costas e á Delegación do Goberno. Nas últimas semanas, e froito de ese suceso e dos efectos das correntes mariñas, foron notificándose a presenza de pellets plásticos en varios areais, principalmente na área que comprende entre Corrubedo e Porto do Son.

Desde a Consellería do Mar se está a traballar na detección e seguimento da aparición destes materiais para a súa posterior retirada ou limpeza por parte das administracións competentes. Nesa liña, Gardacostas de Galicia mantén a vixilancia no litoral para detectar a chegada destes materiais. Sen embargo, e ata o momento non foron notificados avistamentos destes materiais no mar debido a que, polas súas características non se atopan na superficie polo que non é posible a súa retirada por medios marítimos tendo que realizarse unha vez que estes plásticos chegan á costa. Por ese motivo se solicita á cidadanía que notifique a aparición destes materiais ao 112 para acometer os traballos de retirada e limpeza dunha forma áxil e eficaz.

O departamento autonómico explicou que sendo os concellos os competentes en realizar eses traballos de limpeza, trasladouse xa aos municipios das zonas afectadas a máxima colaboración, facilitando o protocolo co que actuar e recoller toda a información dos traballos e custos asumidos por estas administracións para que posteriormente sexan trasladados á empresa. Nese sentido compre sinalar ca Lei de Responsabilidade Ambiental sinala a obriga do responsable dun vertido de facerse cargo das medidas de prevención, evitación e reparación. Desde a empresa xa foi trasladada a súa vontade de colaborar coas administracións con medios técnicos e económicos para atallar a situación.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.