Contaminación nas praias de San Pedro de Muro, Seráns, As Furnas, Espiñeirido e Balieiros

26 Decembro 2023

O colectivo Noia Limpa detectou esta semana a chegada de moitos pellets, algúns en sacos ás praias de San Pedro de Muro, Seráns e As Furnas (Porto do Son) e á de Espiñeirido e Balieiros, en Ribeira.
Ao parecer, varios sacos de pellets de plástico caeron dun barco que os transportaba xa hai polo menos un par de semanas, cando un mariñeiro da zona os viu “ao sur de Fisterra, pero non puidemos botarlle man porque había mal tempo e pola borda quedaban moi lonxe para collelos”. “Eran sacos brancos que parecían de sal”, afirmou este mesmo mariñeiro.
Agora chegaron aos areeiros citados, onde se amorean nas pedras e na liña da marea, contaminando perigosamente. Mesmo algún dos sacos que os transportaba chegaron a terra, algún cheo e outros baleiros. Nos sacos podíase ler que o seu contido era de estabilizador UV para plásticos de tipo polietileno e a inscrición “Bedeko Europe”, que pode ser o nome da empresa que os transportaba. Os pellets foron arrastrados polas correntes mariñas e moitos deles chegaron ás praias ribeirenses e sonenes.
Os pellets de plástico, son pequenas boliñas deste material de, aproximadamente, o tamaño dunha lentella que se utilizan para producir outros produtos feitos de plástico e que supoñen un risco de contaminación e prexuízo para o medio ambiente moi alto, xa que son considerados microplásticos e poden ser inxeridos por animais mariños ou paxaros. Aínda que nas costas atlánticas a súa presencia é aínda relativa, noutros lugares, como o Mediterráneo, supoñen xa un alto risco de contaminación.
A presenza dos pellets pode ser moi perigosa para os animais mariños, xa que poden considerar que se trata de comida e inxerilos, podendo levalos á morte. Ademais do prexuízo medioambiental para as praias e ecosistemas mariños.
Estes pellets de plástico, crese que do mesmo cargamento, chegaron a verse nas praias do municipio de Cervo, na Mariña de Lugo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.