A Xunta, Concellos de A Pobra, Santiago, Vilanova, Cambados e o Foro Galicia Valle-Inclán, renden homenaxe o escritor no aniversario da súa morte

05 Xaneiro 2024
20240105 Homanexa a Valle-Inclán e Díaz Pardo en Boisaca. Foto O Barbanza

Convocados pola Xunta e Galicia no camposanto santiagués de Boisaca acolleu esta mañá do venres o xa tradicional acto institucional de homenaxe que todolos anos renden diversas institucións e organismos, á figura de Ramón María del Valle-Inclán e a Isaac Díaz Pardo, homenaxe celebrado ante as tumbas onde descansan os restos mortais dos insignes galegos.

No acto interviron a alcaldesa de Santiago Goretti Sanmartín e o Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez González.

Tamén participou unha ampla representación institucional encabezada polo alcalde da Pobra, José Carlos Vidal Suárez; a concelleira de cultura pobrense, Patricia Lojo; o director do Museo Valle-Inclán no Barbanza, decano do país, Antonio González Millán; o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán; Angel Varela por delegación en representación do Concello de Cambados e o ex-alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños.

No acto participaron o director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Manuel Lorenzo Suárez; o neto do escritor, Xaquin Del Valle-Inclán Alsina; representantes dos partidos políticos no consistorio da capital galega, e representantes do mundo académico entre eles, Xaquín Núñez Sabaris, profesor titular da Universidade de Braga, colaborador da USC e do Museo pobrense e membros do Foro Galicia-Valle-Inclán. Disculpou a súa preseza por cuestións de saúde, Santos Oujo Bello, ex-consellleiro de Industria e Turismo, promotor da Fundación Valle-Inclán no Parlamento de Galicia e Presidente do Ateneo de Ribeira.

Representación das entidades e institucións do Barbanza e Compostela xunto co conselleiro e director xeral de cultura.

Co gallo desta efeméride o Museo Valle-Inclán, divulgou dúas pezas destacas do seu patrimonio: o texto da folla volandeira impresa por “Nos” atribuida a Anxel Casal, convocando a todolos composteláns ao acudir o enterro de Valle-Inclán, e a imaxe da máscara vaciada no leito mortuorio polo escultor cambades, Francisco Asorey, ambalas dúas pezas orixinais do 5 de xaneiro de 1936, data do falecemento do insigne escritor.

Máscara mortuoria de don Ramón, baleirado en escaiola practicado no seu leito mortuorio polo escultor Francisco Asorey. Procedencia: antiga colección Carlos del Valle-Inclán & Mercedes Alsina, cedida a este Museo por Xaquín del Valle-Inclán Alsina.

Na súa intervención o Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez González, convocante da homanxe, puxo en valor a figura dos insignes galegos pola súa extraordinaria relevancia no século XX e puntualizou que neste 2024 “se cumpren nada menos que 125 anos da primeira obra de teatro de Valle-Inclán, Cenizas, drama en tres actos”. Máis alá do seu talento e traballo, Román Rodríguez destacou a fonda pegada humana que deixaron Díaz Pardo e Valle-Inclán en Galicia.

20240105 Acto de homenaxe a Valle-Inclán e Díaz Pardo en Boisaca. Video O Barbanza

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.