A odontóloga Nati Mirás achega en Porto do Son dúas charlas gratuítas sobre saúde dental

29 Xaneiro 2024

A Casa da Cultura de Xuño e o Club Náutico de Porto do Son acollerán este mes de febreiro un ciclo de charlas informativas (Odontoloxía con mimo) sobre saúde dental con Nati Mirás, da Clínica Dental do mesmo nome, emprazada en Porto do Son. Trátase de dúas sesións divulgativas e gratuítas, dirixidas a persoas maiores, dependentes e coidadoras. A primeira das actividades celebrarase o 8 de febreiro ás 10:00h na Casa da Cultura de Xuño e a segunda o 15 de Febreiro ás 10:00h no Local Náutico de Porto do Son. As persoas interesadas en acudir a esta charla poden realizar a súa inscrición na conta de correo maria.santos.lemina@portodoson.gal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.