A marca turística Ría da Estrela – Ría de Muros Noia preséntase ao mercado nacional no marco de FITUR 2024

22 Xaneiro 2024

Hoxe nace unha estrela, a Ría da Estrela. Este é o título da presentación da Ría de Muros Noia, que se celebra o vindeiro venres 26 de xaneiro no marco da celebración de FITUR 2024. A presidenta da ARD Ría de Muros Noia e alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, destacou a importancia de “estar unidos para promocionar a nosa ría, que é máxica. Contamos cun xeodestino no que a xente ten a oportunidade de visitar varios concellos, cada un coas súas singularidades e atractivos que temos que seguir traballando para poñelas en valor”.

Por este motivo, Teresa Villaverde explicou que “neste ano 2024 lanzaremos definitivamente a marca turística Ría da Estrela-Ría de Muros Noia ao mercado nacional, una marca que por unha banda seguirá ancorando á ría de Muros Noia todas as propostas baseadas nos recursos turísticos, naturais e culturais así como as propostas provenientes dos concellos, pero por outra banda permitirá no futuro inmediato un reforzo dende o punto do visto do marketing para os produtos concretos que promociona o destino como peregrinacións marítimas, turismo activo, turismo industrial, praias, etc.”

Por este motivo, o destino fará dúas presentacións en FITUR: unha no stand de Galicia, dirixida aos profesionais do sector turístico, e unha segunda dirixida especificamente aos medios de comunicación”. A presentación no stand de Galicia (pavillón 9, parcela 9C07-9C09) está prevista para o venres 26 de xaneiro, ás 12:30 horas. O acto será retransmitido vía streaming a través da páxina de Facebook @riademurosnoia.

Finalmente, ás 14:00 horas celebrarase unha degustación de produtos da ría da marca KM 0 MarGalaica, xunto ao stand de Galicia. Unha degustación elaborada por Pepe Senande, do Restaurante A Muradana (Muros), e Lucinda Caamaño, da Casa do Zuleiro (Outes) e composta por mexillóns de muros e peixes da marca Azul de Portosín (Porto do Son).

Camiño a Santiago

A maiores, o persoal da ría da Estrela aproveitará o marco de FITUR para promover o Camiño a Santiago pola ría de Muros Noia. “Temos unha axenda de traballo con moitas reunións establecidas e relacionadas co Camiño, que cada año medra en seguidores. Apostamos dende o principio polas peregrinacións marítimas e a realidade nos dá a razón, pois son as únicas peregrinacións marítimas que existen no mercado como produto comercial e que están baseadas nun feito histórico”, sinalou a rexedora de Lousame, que estará acompañada polos alcaldes de Noia, Santiago Freire Abeijón; de Muros, María Lago Lestón, e de Porto do Son, Luís Oujo Pouso; así como pola concelleira de Turismo e Patrimonio de Outes, Soledad Agra Tuñas; e pola concelleira de Cultura de Muros, Caridad González Cerviño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.