A Deputación financia a adquisición de vehículos para o Servizo de Axuda no Fogar de Dodro

18 Xaneiro 2024
A deputada Mar García Vidal

A Deputación da Coruña financia con 100.000 euros a compra de cinco novos vehículos a outros tantos concellos da provincia para realizar os desprazamentos do persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A concesión vén de publicarse no Boletín Oficial da Provincia.

Os concellos beneficiarios nesta convocatoria foron Cabanas, A Baña, Mesía, Dodro e Coirós, que se suman aos das Pontes, As Somozas, Aranga, Carnota, Irixoa, Mañón, Ortigueira, Outes, Tordoia e Oza-Cesuras, aos que lles foron concedidos tamén vehículos o pasado mes de decembro. En total, 15 municipios coruñeses dispoñen xa dun vehículo adquirido pola Deputación para os desprazamentos diario do persoal do SAF.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso destacou que “esta liña de axudas correspóndese cunha das principais demandas por parte dos concellos da provincia, xa que as persoas traballadoras no Servizo de Axuda no Fogar realizan unha gran cantidade de desprazamentos no seu día a día”.

Pola súa banda, a deputada de Política Social, Mar García Vidal, apuntou que “este problema ten especial incidencia nos municipios rurais, onde hai maior dispersión da poboación, o que obriga ás profesionais do SAF a percorrer unha cantidade considerábel de quilómetros, o que ata agora se viña asumindo con vehículos particulares”.

A deputada explicou que as axudas, concedidas en réxime de concorrencia competitiva, están destinadas a concellos que presten o SAF con persoal auxiliar propio. Ademais, deberán adscribir o vehículo aos servizos sociais para o seu uso durante toda a súa vida útil.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.