A Comisión Europea lanza un aviso sobre a perigosidade do vertido de aglomerado

10 Xaneiro 2024

A Comisión Europea vén de lanzar un aviso ás administracións estatal e galega sobre a perigosidade do vertido de aglomerados plásticos deste pasado mes de decembro, especialmente grave e notorio en concellos como os de Ribeira, Porto do Son e Muros. A Comisión advertiu que a vertedura de 26 toneladas de bólas de plástico fronte ás costas galegas “ameaza o medio mariño e actividades económicas como a pesca”. O comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, sinalou dende a antiga rede social Twitter (agora X) que “estamos desexosos de debater como podemos axudar”, aínda que recoñeceu que a competencia directa nesta cuestión é das administracións galega e estatal. Tamén fixo saber que cómpre aplicar as medidas propostas pola Comisión en outubro de 2023 para loitar contra este tipo de contaminación, unhas normas que Sinkevicius considera “fundamentais” para loitar contra a contaminación por plásticos no futuro.

Volvendo á cuestión do risco para a saúde (que segundo o Goberno galego é inexistente) e dos prexuízos para o medio ambiente, o portavoz de Medio Ambiente do organismo comunitario, Adalbert Jahnz, dixo que Bruxelas é “moi consciente” das repercusións negativas da contaminación por microplásticos e, en particular, das pequenas bólas de plástico que esparexen polo mar. Jahnz lembrou tamén o marco legal proposto pola Comisión o pasado mes de outubro en relación a este tipo de contaminación. O documento recolle que a “liberación continua” destes materiais contribúe á “contaminación permanente” dos ecosistemas e cadeas alimentarias. A maiores, sinálase que “a exposición aos microplásticos vincúlase a unha serie de efectos negativos tóxicos e físicos nos organismos vivos”. E engadiu: “Tamén é probábel que os microplásticos sexan tóxicos para os seres humanos”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...