A Aula CeMIT de Boiro achega en febreiro novos cursos TIC para a cidadanía

17 Xaneiro 2024


O Concello de Boiro programa novos cursos en novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para o mes de febreiro a través da Aula CeMIT do Centro Social.

A formación impartirase en horario de mañá e para participar é necesaria a inscrición previa.

Un dos cursos que se vai impartir é de Redes Sociais para manexo de Facebook, Instagram e TikTok, que terá lugar no Centro Social entre o 5 e o 8 de febreiro en horario de 10.00 a 12.00 horas.

Outra das formacións que se vai levar a cabo é para empregar Ferramentas na nube como Google Apps e outras, que será entre o 12 e o 15 de febreiro en horario de 10.00 a 12.00 horas. Tamén se vai impartir un curso de Compras por Internet entre o 20 e o 22 de febreiro de 10.00 a 12 horas.

Para participar requírese inscrición previa, que se pode formalizar a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou os teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.