
O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro desenvolve coa alumnado de 1º da ESO do Club de Ciencia do IES A Cachada unha actividade sobre especies invasoras. A primeira das xornadas desenvolvidas consistiu nunha charla explicativa sobre o proxecto de investigación que se vai levar a cabo nos próximos meses. O proxecto vai consistir nunha investigación en parcelas de ensaio para intentar descubrir o método máis efectivo para controlar a especie invasora “margarida africana”. Trátase dunha planta invasora que está espallada ao longo do paseo e praia de Barraña e Carragueiros. O alumnado traballara na aplicación de métodos como o arranque, herbicida ecolóxico, mallas de ocultación…

O Concello de Boiro, a través da Área de Medio Ambiente, programa ao longo do ano unha serie de actividades formativas xunto co alumnado dos centros de ensino co obxectivo de traballar no coñecemento, protección e defensa do noso medio.



