Durante o xoves Galicia irá recuperando progresivamente a influencia anticiclónica, pero con ventos do norte-noroeste, que arrastrarán unha masa de aire húmida. Con esta situación, agárdanse ceos con abundantes nubes baixas e mesmo algunha precipitación de carácter feble, illado e ocasional durante as primeiras horas do día. A partir do mediodía iranse abrindo grandes claros. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, moderados no litoral.

o noso mar: Vento do nordés á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 1 a 2 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



