Vilagarcía, O Grove e Vigo acollen novas charlas de Ecoloxistas en Acción sobre usos racionais e sustentábeis das TIC

11 Decembro 2023

A organización Ecoloxistas en Acción presentará os días 12, 13 e 14 a súa guía para nais, pais e docentes sobre o uso de medios dixitais, en diferentes centros de ensino de Vilagarcia, O Grove e Vigo, dentro do debate actual sobre a súa presenza no medio escolar. Amais, darán a coñecer as alertas científicas e expertas acerca dos riscos dun uso incorrecto e sen supervisión das novas tecnoloxías entre a rapazada, usos non axeitados que poden derivar en adicións, acoso ou mesmo un incremento da vulnerabilidade. Estas xornadas diríxense a “formar persoas que afronten o uso desta tecnoloxía de forma sobria, biocompatíbel, sustentábel, ética e crítica”, avanza a organización.

Estas charlas-coloquio contarán coa colaboración do IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcia, o IES As Bizocas de O Grove e o CEIP de Fonte Escura de Vigo.

Contan como relatores a Xulio Carmona, coordinador da área de dixitalización e contaminación electromagnética de Ecoloxistas en Acción, e de Javier Zarzuela Aragón, veterano docente e activista ecosocial, escritor do libro Stop TIC INFANCIA: Por qué desdigitalizar la escuela.

Neste debate proponse identificar os distintos mitos tecnolóxicos instaurados “nun proceso desregulado de hiperdixitalización” e, ademais, os relatores bordarán igualmente a “presencia importante” en “idades temperás” de condutas aditivas relacionadas coas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Darán voz ás persoas expertas que alertan e denuncian tácticas adictóxenas deliberadas e profusamente aplicadas pola industria dixital. Tácticas como as denuncias actuais de fiscais de 42 estados distintos de Norte América a META (Facebook, Instagram), por poñer en risco a saúde mental de nenas, nenos e rapazada, de forma premeditada.

Convocatorias

Vilagarcía: día 12 ás 19:30h, no IES Armando Cotarelo Valledor.

O Grove: día 13 ás 17:50h, no IES As Bizocas.

Vigo: día 14 ás 16:00h, no CEIP de Fonte Escura.

Outros artigos

Venres con chuvascos e baixa das temperaturas. Temporal no mar

Na xornada do venres seguimos en zona de chuvascos que veñen tras a fronte e que serán localmente treboentos e acompañados de sarabia, ó que hai que engadir a chegada dunha masa de aire polar marítima que fará que algún deses chuvascos sexan de neve, coa cota arredor...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...