Un accidente entre dous coches deixa catro persoas feridas en Ribeira

15 Decembro 2023

Ocorreu na tarde de onte, cando restaban escasos minutos para as 21 horas. Os servizos de emerxencias indicaron que polo menos tres dos feridos ían ser evacuados polo persoal sanitario.

O sinistro rexistrouse na rúa de Galicia, situada en Palmeira, e o aviso chegou ao 112 Galicia a través do aviso automático de emerxencia do teléfono dun dos implicados.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e do Grupo de Apoio e Emerxencias municipal.

Unha vez no lugar, o persoal sanitario informou de que unha das persoas podía estar atrapada no seu vehículo. Entón, os Bombeiros de Boiro cortaron a porta para retirala con seguridade.

ADC Bombeiros Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

Recordarán los lectores que hace apenas quince días Galicia estaba inmersa en unacaloradísimo debate socio-político planteado por múltiples formaciones políticas, algunas yacasi extintas a día de hoy, al menos hasta dentro de cuatro años. Dichos partidos políticos,...