Terbutalina presenta este venres “Era Cabra” na Sala Malatesta

07 Decembro 2023

Este venres día 8 de decembro, a partires das 21 h, celebrarase en Santiago, na Sala Malatesta, unha festa con empanada, vinilos, camisetas e moito rock. Así presentan a banda muradá (de Esteiro) Terbutalina a súa posta de largo de Era Cabra en Compostela.

A piques de esgotar as entradas, esta estrea contará con colaboracións estelares no seu cartel. Así, á chegada dos asistentes, A Cadela Asasina, co seu folk furtivo da Ribeira Sacra, recibiraos cuns cantos temas de impacto e máis un pincho para quentar motores.

A continuación, Los Chicos, con máis de 20 anos de experiencia entregando a súa suor en festas, consolidará a noite coa súa maquinaria de country-punk.

Todas estas colaboracións adicaranse a quecer ao público para o debut de Era Cabra de Terbutalina.

Este novo traballo discográfico culmina un proceso catártico onde os de Esteiro foron lanzando “singles como balas cos que pretendían sacudir o panorama”. En palabras do esteiráns, Era cabra revélase como “o regreso á orixe tras unha revisión dos seus principios máis esenciais e unha etapa de coñecemento e fortalecemento interno”.

Este novo LP está composto por oito temas con sabor a Terbutalina. “O traballo”, advirten, “reflicte un período que estivo cargado de concentración, creación e regresión e vén con sorpresas, reencontros e regalos da vida. E música, moita música. Da boa”.

Gravado e producido nos estudios A Ponte polo ribeirense Tomás Axeitos e masterizado por Robin Schmidt nos estudios 24-96, a banda sigue apostando por fórmulas baseadas na confianza no talento propio e dispostos a reconquistar os pogos perdidos, as horas intempestivas e os quilómetros na estrada.

As entradas están á venda en Ataquilla.com.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.