Un novo xogo galego estase presentando estes días. Trátase dun xogo de mesa denominado Sálvora.
Máis de 100 anos despois do afundimento do transatlántico Santa Isabel dúas empresas galegas lembran a bravura das heroínas de Sálvora. Así, o xogo consiste en salvar as vítimas. Pode xogarse en grupo, pero tamén só!.
O xogo está ambientado na fatídica noite do 2 de xaneiro de 1921 na que o vapor Santa Isabel naufragou nas augas de Sálvora, morrendo 213 persoas. A partida remeda o salvamento por parte das xentes de Sálvora, especialmente das Heroínas de Sálvora, que salvaron unhas 20 persoas no medio da escuridade, do frío, da treboada.
Obxectivos educativos:
- Achegamento á Historia recente de Galicia, pois está baseado en feitos reais
- Traballa a estratexia e o razoamento
- Posta en valor da importancia do esforzo e a colaboración en momentos complicados, neste caso na pel das protagonistas reais deste acontecemento
- Xogo cooperativo
- SÁLVORA é un xogo cooperativo no que poden participar dende 1 a 4 persoas e no que o obxectivo é rescatar ao maior número de náufragos do SANTA ISABEL. Para iso hai que porse no papel das HEROÍNAS DE SÁLVORA e partindo da Area dos Bois vogar ata o punto do naufraxio ou optar por facer o longo percorrido ata Ribeira e así dar aviso para que o barco ROSIÑA, de maior porte, poida navegar ata o Arquip´élago de Sálvora e axudar no salvamento. As cartas aportarán elementos pequenas sorpresas, algunhas agradables e outras non tanto…
- O prezo do xogo é de 36 euros.