Rianxo vai despedir 2023 ao grande. Farao, concretamente, cunha festa de Fin de Ano, precedida da Festa de Santa Columba e da Festa de Despedida, organizadas pola Comisión Juadalupeñas e o Festival Rock In Rianxo co obxectivo de recibir despedir o ano vello e recibir 2024 cunha celebración integradora que encha o día 31 de actividades e que permita a plena participación dos maiores e, tamén, dos máis pequenos da casa. Na festa colaboran o Concello de Rianxo, a Deputación da Coruña e a empresa Bandín Auto.
O programa de actividades da Festa de Santa Columba comezará ás 9.00 horas coas bombas de palenque e proseguirá ás 10.00 cunha ruada a cargo de Buxaina e coa misa cantada das 13.30 horas. A Festa de Despedida comezará ás 19.00 horas e a Festa de Fin de Ano arrincará á 1.00 coa apertura da carpa (con DJ Mata e Kike Varela) e coas badaladas de aninovo das 3.00 horas (con lambonadas de balde, un photocall, unha alfombra vermella e, como non, a interpretación colectiva de A Rianxeira).




