Porto do Son acolleu o inicio dun proxecto para rexistrar dixitalmente as variedades fonéticas e dialectais de Galicia

26 Decembro 2023

O Proxecto Nós, impulsado pola USC e a Secretaría Xeral de Política Lingüística (Consellería de Cultura e Educación) co obxectivo de afianzar a plena presenza activa do galego no ámbito das novas ferramentas de Intelixencia Artificial, vai rematar o ano cunha gran novidade: o lanzamento dunha campaña de doazón de voz para recoller as variedades fonéticas e dialectais de Galicia. O O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentaron este martes 26 de decembro, na Aula CeMIT de Porto do Son, a campaña AgasallaNós de doazón de voz para o Proxecto Nós. Na presentación estiveron acompañados do alcalde sonense, Luis Oujo.

Segundo explicaron, a finalidade desta campaña é “crear un rexistro o máis variado posíbel”, e para iso é preciso contar cunha gran cantidade de xéneros, idades e variedades dialectais.

Co fin de ir achandando o camiño desta nova vertente do proxecto, este martes recolléronse mostras vocais de xeito presencial na proba piloto habilitada na Aula CeMIT de Porto do Son.

Ademais, o reitor e o conselleiro lembraron que as contribucións poden facerse tamén de xeito telemático a través do novo espazo web doagalego.nos.gal creado para esta iniciativa, na que está integrada a ferramenta Common Voice, a aplicación de referencia a nivel mundial para a recollida de voces para o seu uso en materia de tecnoloxías lingüísticas. A meta da campaña é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para garantir que o software recoñecedor de voz funcione sen problemas.

O conselleiro Román Rodríguez agradeceu a implicación da Universidade de Santiago de Compostela nesta campaña, así como a colaboración de todas as universidades públicas no desenvolvemento do Proxecto Nós, o apoio tecnolóxico da AMTEGA, cuxo director, Julián Cerviño, estivo tamén no acto deste martes, e o compromiso de María Baqueiro, xestora do Proxecto Nós, e os profesionais da Consellaría, nun proxecto clave para Galicia e a lingua galega.

Segundo lembraron o Proxecto Nós: O galego na sociedade e na economía da Intelixencia Artificial está a xerar os recursos necesarios para colocar o galego “na vangarda das tecnoloxías intelixentes, nomeadamente naquelas áreas relacionadas coas tecnoloxías lingüísticas e, de modo xeral, na sociedade e economía da Intelixencia Artificial”. Dentro do proxecto compílanse recursos e desenvólvense ferramentas de alta calidade para o procesamento automático do galego, tanto oral como escrito. Ademais, produciranse demostradores de carácter xeral que permitirán mostrar as posibilidades dos ditos recursos e desenvolveranse casos de uso de alto impacto socioeconómico en diferentes contextos.

Os recursos desenvolvidos en Nós serán de libre acceso por terceiras persoas, o que vai permitir e facilitar o desenvolvemento de produtos e servizos finais baseados na lingua galega, por parte das empresas, institucións e organizacións, tanto públicas como privadas, que así o desexen. O proxecto encádrase dentro das estratexias galega, española, e europea orientadas ao desenvolvemento de tecnoloxías, ferramentas e aplicacións para a proxección e uso das linguas nos ámbitos de aplicación da IA. O Proxecto Nós é un proxecto da Xunta de Galicia cuxa execución foi encomendada á USC, a través do ILG e o CiTIUS.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...