“Pensionistas mileuristas tamén en Galicia” – Antón Luaces

26 Decembro 2023

E xa!.

Finalmente, os pensionista galegos verán en 2024 como as súas pagas mensuais (máis as extraordinarias de xuño e decembro) superan -pouco, pero superan- os mil euros. Iso si: seguirán a ser do pelotón de cola, cunha suba de 44,54 euros cando os xubilados vascos terán un incremento medio na súa pensión de 64,12 euros, ou os asturianos de 62,40 e os madrileños (por exemplo) de 60,49. Pola contra, os estremeños terán un aumento de 43,75 euros. 

Ese chanzo que sube a paga mensual media para superar os mil euros débese á revalorización do 3,8% das pensións contributivas (xubilación, incapacidade permanente, orfandade e viuvidade). Deste xeito a paga mensual de xubilación por termo medio superará os 1.000 euros en todas as provincias de España.

Así, a da Coruña será -como promedio- de 1.281,51 euros (46,91 máis); a de Pontevedra, 1.277 (46,78 máis); a de Lugo, 1.092,43 (39,98 de incremento) e a de Ourense, de 1.021,05 (37,38 de aumento).

O maior incremento nas pensións recae nas de viuvidade, que será dun 14% para as máis baixas.

Nen moito menos é como para botar foguetes; pero compre recoñecer que, a día de hoxe, quedan en Galicia e o resto de España numerosos traballadores con salarios inferiores aos mil euros mensuais, en moitos casos co prorrateo mensual das dúas pagas extraordinarias anuais incluídas.

Evidentemente é unha boa nova. Pero queda moito percorrido para a maioría dos pensionistas e xubilados, nomeadamente en Galicia, onde os prezos dos alugueiros, dos alimentos, a luz, o gas, etc., non permiten o máis mínimo descoido. 

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.