Papá Noel, tarde de baile e coros para os vindeiros días de Nadal na Pobra

21 Decembro 2023

A poucos días dunha das noites máis desexadas polas crianzas, Papá Noel estará na Pobra do Caramiñal para recoller as peticións de última hora no seo da campaña Consegue Caramiñas, Comparte Nadal, segundo avanza a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo.

Será no 22 de decembro, en horario de 18.00 a 21.00 horas, no Mercado do Nadal. Aínda que inicialmente ía ter lugar no Fogar do Nadal, trasládase aos postos situados no Cantón da Leña dado o bo tempo para esa xornada.

Xa focalizada nas persoas maiores, haberá unha sesión especial de Tardes de baile no día 23, a partir das 20.30 horas, no Centro Sociocomunitario e de Benestar. Estará amenizada polo grupo Puzzle.

E, no que respecta aos coros, Piccolo percorrerá o núcleo urbano no día 26, a partir das 18.00 horas, mentres que o das Amas de Casa fará o propio no 3 de xaneiro, das 19.00 horas en diante.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...