“Os amantes da froita tamén están no Parlamento de Estrasburgo” – Antón Luaces

14 Decembro 2023

Cando todos sabemos no Estado español que á presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Ayuso, lle gusta a froita -porque ela non dixo que o presidente Sánchez fora un fillo de puta- sóubose este mércores que hai una especie de andazo no parlamentarismo

Popular que leva a algúns dos seus membros a manifestar o seu gusto pola froita. A  presidenta dos socialistas europeos na Eurocámara, Iratxe García, nunha carta enviada o mesmo día á presidenta da Eurocámara, Roberta Metsola, di que cando o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, se incorporaba ao Pleno de Estrasburgo, foi recibido con aplausos polas persoas presentes na bancada da Esqueda do hemiciclo, momento no que -publica o xornal madrileño elDiario.es- o eurodeputado do PP, Antonio López Istúriz, exsecretario xeral do PP europeo, referíuse aos que aplaudían como “fillos de puta”, a máis digna versión do “me gusta la fruta” coa que Ayuso xustificou un comentario seu ao respecto do “hijo de puta” que se supón foi o que dixo a teor dunha intervención na tribuna de Pedro Sánchez.  

Coida Iratxe García que o comportamento do eurodeputado popular supón unha creba do código de conduta dos europarlamentarios, polo que solicita a intervención da institución para que aplique as sancións correspondentes .

No seu relato dos feitos, Irfatxe García afirma que “durante o debate plenario sobre o balanzo da Presidencia española do Consello, mentres o presidente do Goberno de España entraba ao hemiciclo acompañado polo ministro de Asuntos Exteriores e compañeiros funcionarios, o eurodeputado do PPE López Istúriz se referiu a toda á esquerda do hemiciclo dun xeito moi difamatorio como “fillos de puta”.

Engade Iratxe García que semellante comportamento non é propio dun representante electo da democracia europea “e da nosa institución europea” senón que amais “vulnera gravemente os principios estabelecidos no Regulamento do Parlamento Europeo”. Polo tanto, solicita que o asunto se someta rapidamente á atención da Mesa do Parlamento Europeo e se aborden as medidas necesarias para frear a propagación deste tipo de comportamentos ao tempo que se estudan as sancións necesarias que deben aplicarse ao deputado.

De seguir isto así e após a seca que padeceu o campo e o posterior anegamento de grande parte das terras de labor españolas, é posible que a froita suba a prezos incribles grazas aos parlamentarios españois,

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.