O Noela acolle o 4 de xaneiro unha homenaxe solidaria a Os Tamara

29 Decembro 2023

Proseguen en Noia as homenaxes a Os Tamara, fortemente vencellados á vila. Así, ademais do tributo ao Prudencio Romo que está programado en San Martiño, o Coliseo Noela vai acoller unha lembranza do mítico grupo galego o vindeiro 4 de xaneiro ás 18.30 horas, oficiado por La Oca Band. O tributo, celebrado baixo o epígrafe Unha noite na eira do trigo, terá unha clara vertente solidaria: a recadación acadada irá destinada ás sedes locais das organizacións humanitarias Cáritas e Cruz Vermella.

As entradas poderanse adquirir na billeteira do Coliseo nas seguintes datas:

29 de decembro de 20:00 a 21:30
2 de xaneiro de 20:00 a 21:30
3 de xaneiro de 20:00 a 21:30

Limitadas a un máximo de 4 por persoa e cun custo de 5 euros por entrada.

Contarase co patrocinio da Xunta e o Concello.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.