O Nadal da Pobra dinamizarase con numerosas actividades para tódolos públicos

05 Decembro 2023

A Pobra do Caramiñal converterase neste Nadal “nun fervedoiro de actividades que pretenden dinamizar económica e socialmente o municipio”. Así o fixeron saber na presentación da axenda a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, e a súa homóloga da Cultura, Patricia Lojo. Segundo fixeron saber, ás iniciativas xa anunciadas (a campaña da Praza de Abastos, a das redes sociais, o concurso de embelecemento de balcóns e fachadas, o certame de escaparates, as mostras de cociña, as propostas para as parroquias ou os postos no Cantón da Leña), incorpóranse unha serie de espectáculos e visitas que, segundo avanzaron Cerecedo e Lojo, seguen a senda do intenso esforzo que fai o Concello da Pobra do Caramiñal cara a esta época festiva.

No día 16, o Apalpador realizará unha ruta polo centro para coñecer as crianzas, en horario de 18.00 a 21.00 horas. Tamén nesa xornada, tanto en horario de mañá coma de tarde, contarase cun tren de Nadal; actividade que se repetirá no día 17 e que partirá da praza Alcalde Segundo Durán.

Papá Noel tamén se achegará á localidade. Será no día 22, no Fogar de Nadal habilitado na oficina de turismo, de 18.00 a 21.00 horas.

Xa focalizado nos maiores, haberá sesión especial de Tardes de Baile no día 23, a partir das 20.30 horas, no Centro Sociocomunitario e de Benestar. Estará amenizada polo grupo Puzzle.

En canto a coros, Piccolo percorrerá o núcleo urbano no día 26, a partir das 18.00 horas; mentres que o das Amas de Casa fará o propio no 3 de xaneiro, das 19.00 horas en diante.

Nese mesmo día, o carteiro real estará no Fogar do Nadal para recoller as peticións das crianzas e dirixirllas aos Reis Magos.

Durante todo o mes de decembro e primeiros de xaneiro, a axenda completarase cos seguintes espectáculos itinerantes: Bastóns de caramelo, de Barafunda Animación, no día 22 (ás 19.00 horas); Duendes locos, de Sarao Producción & Animación, no día 23 (ás 20.00 horas); Osos panda, de Barafunda Animación, no día 24 (ás 19.00 horas); O séquito branco do carteiro real, de Troula Animación, no día 29 (ás 19.00 horas); e Travesos, de Sarao Producción & Animación, no 4 de xaneiro (ás 19.00 horas).

E o Fogar do Nadal converterase tamén nestas datas en epicentro de numerosas accións destinadas á rapazada, en quenda de mañá e de tarde: talleres, pintacaras, decoración ou panxoliñas, entre outros.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...