O Nadal comeza en Rianxo o 7 de decembro co prendido das luces de Nadal polo serán

01 Decembro 2023

O Concello de Rianxo, as patronais (Somos Rianxo, ARE) e a Comisión de Festas Virxe do Carme avanzaron detalles do programa de dinamización preparado de maneira conxunta para converter a vila e as parroquias en referente festivo, cultural e comercial durante as festas de Nadal. Segundo puidemos saber, as festas comezan oficialmente en Rianxo este xoves 7 de decembro co acendido de luces a partir das 20:00 horas.

Antes e despois haberá espectáculos diversos para os máis pequenos e pequenas da casa, música e lambonadas a esgalla, así como a apertura da “casa de Papa Noel”, sobre a que poderemos atopar máis información en Somos Rianxo ao longo das próximas xorandas.. O programa tamén inclúe concertos, decoracións e sorteos.

O alcalde, Julián Bustelo, xunto con representantes da Comisión de Festas Virxe Do Carme de Rianxo, da ARE Rianxo e de Somos Rianxo presentaron a programación de actividades que acompañará o acendido e que o Concello irá detallando a longo destes días nas redes sociais e na súa páxina web.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.