O libro “Tinta de Fol” de Sabela Olivares e David Cuence presentarase en Rianxo o 15 de decembro

05 Decembro 2023

O Auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro 15 de decembro ás 20:00h a presentación do libro Tinta de Fol, Oito pezas para gaita máis unha para piano, un conxunto de pinturas e partituras que materializan sobre papel o disco O Clásico Fol do grupo ribeirense Boroa. As pinceladas do artista David Cuence dan forma ás composicións da gaiteira Sabela Olivares conformando un libro que engloba pintura, música e diversos recursos didácticos para o ensino musical como pistas de acompañamento.

O evento tamén incluirá a apertura da exposición pictórica que leva o mesmo nome e que foi creada polo artista David Cuence xunto con Sabela. Nove pezas que poderán contemplarse mentres son escoitadas. Esta exposición estará dispoñíbel no Auditorio Municipal de Rianxo ata o 14 de xaneiro.

Para culminar a visita está prevista unha actuación pictoacústica en directo, na que tinta e son fusiónanse da man de David e o trío Boroa do que Sabela forma parte.

Na Rede temos ao noso dispor un audiovisual sobre o proxecto.

Tinta de fol, na súa tripla vertente musical, artística e formativa, é “un estímulo audiovisual materializado en nove pezas que poden contemplarse mentres son escoitadas”, explican Olivares e Cuence. O libro recolle partituras coa súa ilustración correspondente e versións ornamentadas específicas para gaita. Tamén se inclúen enlaces QR con audios das versións orixinais e pistas de acompañamento. “Todo co fin de enriquecer a experiencia do/da intérprete e seguir aportando materiais didácticos para o instrumento”, engaden.

A exposición puido verse os días pasados na galería de arte La Doce en Boiro.

David Cuence

Na súa pintura mestúranse temas mariños e terrestres con reivindicación social e unha tradición musical con especial atención ao xesto e ao retrato humano. Con esta exposición comeza a explorar un novo camiño dentro da abstracción.

Na última década participa en diferentes proxectos entre os que destacan Door (banda deseñada escrita por Antonio Martínez Ron, 2017) e Sintaxe (cofundador e deseñador de marca e de produto, 2018). Tamén é creador de diferentes produtos relacionados coa cultura galega como Barallada, Galician Rock Stars, Sebo de Ghrilo, etc.

Sabela Olivares

Adícase profesionalmente á música como intérprete e docente dende os 19 anos. Dende o ano 2004 participa como intérprete e compositora en diferentes proxectos musicais que desembocaron na gravación de diversos traballos discográficos como A Companhía do Ruido (2005), Pensares galegos (2013) e O Punchi must go (2018) entre outros. No ano 2022 publica dous libros de valses para gaita e piano e colabora noutras publicacións como As que dormen entre o centeo (2023).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.