O Concello e a ABE asinan un convenio a prol do impulso comercial de Boiro

14 Decembro 2023

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o presidente da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), Daniel García Dosil, asinaron na mañá deste xoves 14 de decembro un convenio de colaboración para a promoción económica e comercial do municipio. A través deste acordo formalízase unha subvención á patronal que ascende aos 30.000 euros e cuxo obxectivo é levar a cabo actividades e propostas de dinamización comercial.

“A Asociación Boirense de Empresarios é a principal asociación de empresarios do concello e, durante todo o ano, realiza campañas que contribúen á dinamización comercial e económica do concello e do noso empresariado local”, afirmou o alcalde.

Ademais das campañas específicas que a ABE realiza ao longo do ano, conta con persoal administrativo e técnico dedicado ao asesoramento ao emprendemento e á actividade empresarial.

Este convenio de colaboración forma parte das accións que o Concello de Boiro leva a cabo en materia de promoción económica, do empresariado e emprendemento para fomentar o emprego no municipio.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.