O Concello de Ribeira aumenta a dotación para entidades sociais de ámbito local e comarcal

21 Decembro 2023
Vicente Mariño e Luís Pérez Barral reunidos coas persoas responsábeis das organizacións sociais con base no concello nunha imaxe de Alba Cambeiro


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, asinaron este venres 21 de decembro novos convenios de colaboración con entidades locais para a prestación de servizos sociais. As entidades que colaboran co Concello son a Asociación Ambar, co proxecto Vivindo na comunidade; Amicos, co proxecto Servizo de atención pedagóxica; Cáritas Diocesana de
Santiago de Compostela- Parroquia de Ribeira, co proxecto Atención a familias vulnerábeis; Cruz Vermella Ribeira, co proxecto Anima-T; Faibén, a Fundación de apoio á infancia e ao benestar, co Proxecto Contigo; Renacer; a Asociación antidroga co proxecto Prevención das drogodependencias; e A Creba, Asociación pro saúde mental, co proxecto Programa de transporte de usuarios.

O alcalde destacou que este ano o Concello “incrementa en 400 euros a dotación anual para cada entidade” e agradeceu asimesmo “o labor esencial que desempeñan as organizacións solidarias na construción dunha sociedade máis xusta e equitativa”. Luís Pérez reafirmou tamén o seu compromiso con tódalas entidades para seguir colaborando e incrementando a dotación orzamentaria nos vindeiros anos co propósito de “mellorar os servizos sociais e contribuir ao benestar de toda a veciñanza de Ribeira.”

Pola súa parte, o tenente de alcalde Vicente Mariño, agradeceu a importante traballo de tódalas asociacións e destacou a importancia de “adaptar o investimento en Servizos Sociais para asegurar a calidade e eficacia dos mesmos”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...