O Concello de Dodro organiza unha excursión ao Balneario de Pantón para as veciñas do termo municipal

09 Decembro 2023

Dodro vai celebrar no ecuador deste mes de decembro a fin de semana das mulleres. Serán, segundo informou o Concello, dúas xornadas para intercambiar experiencias, estar xuntas, saír da rutina e desfrutar do Iberik Aguas Santas Balneario en Pantón, en plena Ribeira Sacra lucense.

A fin de semana está destinada a mulleres maiores de idade empadroadas no concello de Dodro. Con saída o 16 de decembro as oito e media da mañá, a carón do Consistorio, e volta o día 17 as nove e media da noite (aproximadamente), tamén no Consistorio.

As persoas interesadas poden inscribirse (no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio contemplado na Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas, anexando o xustificante de pago no que se deberá facer referencia á actividade no concepto) xa e consultar toda a información no departamento de Servizos Sociais do Concello, en Tallós 56, de 9:00 a 14:00 horas, ou por teléfono no 9818025466.

O prezo é de 25 euros por persoa.

Organiza o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Dodro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.