O Concello de Boiro lembra que aínda hai prazas para participar no curso AFD de servizos de bar e cafetería

04 Decembro 2023

O Concello de Boiro vai impartir durante a anualidade 2023-2024 un programa de actividiades AFD (Accións Formativas para Desempregados). Ao abeiro desta axenda, o vindeiro día 18 de decembro comeza o curso de Servizos de Bar e Cafetería de nivel 2 destinado a quince persoas desempregadas.

Os obxectivos desta acción formativa son “mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e mellorar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividades e competitividade das empresas, as necesidades de adaptación aos cambios nos sectores produtivo e a inserción laboral”.

O Concello de Boiro explica que o certificado de profesionalidade de Servizos de Bar e Cafetería impartirase no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira entre o 18 de decembro e o 19 de xuño de 2024 cun total de 658 horas de duración no que as persoas participantes obterán o certificado e completarán un período de prácticas en empresas da zona.

Esta acción formativa está destinada a persoas que conten con estudos de nivel ESO ou competencias clave nivel 2, así como persoas que conten co certificado de profesionalidade da mesma familia nivel 1. As persoas interesadas en inscribirse para participar deberán facelo a través do enderezo electrónico emprego@boiro.gal ou o teléfono 981 84 26 09.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...