O Concello de Boiro celebra esta fin de semana a XIX exposición da Camelia sasanqua e outras en Goiáns

11 Decembro 2023

O Concello de Boiro celebra esta fin de semana a XIX exposición da Camelia sasanqua e outras, que está prevista para os días 16 e 17 de decembro no Pazo de Goiáns. A concelleira de Turismo, María Outeiral, presentou na mañá deste luns 11 de decembro o programa de actividades desta edición.

A exposición abrirá ao público o sábado ás 17.00 horas, logo do acto inaugural no que vai participar a Escola de Música de Boiro e no que se fará a plantación dunha camelia sasanqua na finca de Goiáns.

“Este ano participan expositores de todo Galicia cunha especial relevancia da nosa comarca que terá presenza con varios expositores durante a fin de semana”, afirmou a concelleira María Outeiral.

Está previsto que participen arredor de 27 expositores con máis de 50 metros de flor que se poderán visitar durante a fin de semana no Pazo de Goiáns. O horario de apertura da exposición será o sábado de 17.00 a 20.30 horas e o domingo de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.