O concello aproba a execución do novo polígono industrial para Ribeira

21 Decembro 2023

Como un logro da corporación de Ribeira definiu o alcalde, Luís Pérez Barral, a aprobación definitiva dos proxectos de expropiación e urbanización para facer realidade o novo polígono industrial. Indicou no pleno extraordinario celebrado hoxe que o custo das expropiacións aumentará ata os 940.000 euros despois de que o prezo do metro cadrado pasase dunha valoración de 2,64 euros a 3,29. En canto aos traballos de adecuación dos 260.000 metros cadrados de terreo, supoñerán un desembolso de 12 millóns, segundo o indicado polos portavoces do PBBI, Vicente Mariño de Bricio, e PP, María Sampedro.

Foto Concello Ribeira

No Pleno extraordinario celebrado no día de hoxe o Concello aprobou o expediente de expropiación para a execución do novo polígono industral do Concello de Ribeira e o proxecto de urbanización do mesmo. Este trámite, iniciado no ano 2017 coa modificación puntual do PXOM, supón o penúltimo paso antes da súa construción.
Trala obtención dos informes favorables de Patrimonio, Augas de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Ribeira “pon en marcha, despois de 32 anos sen chan industrial, o solo tan necesario para que as empresas poidan asentarse no Concello, xerando así emprego e dinamismo económico” afirmou o alcalde Luís Pérez. O rexedor destacou que “hai dúas administración comprometidas co proxecto; o Concello de Ribeira e a Deputación da Coruña. Preguntámonos por que a Xunta de Galicia, que ten competencias en materia industrial aínda non amosou o seu respaldo a este equipamento fundamental para o desenvolvemento económico de Ribeira.”
O custe total das expropiacións ascende a 940,000 euros ao atenderse parte das alegacións de incrementar o prezo do metro cadrado de 2,64 euros a 3,29 euros. O executivo subsanou asimesmo diversos erros detectados relativos á propiedade das parcelas onde se vai instalar este equipamento.
O Pleno tamén aprobou o proxecto de urbanización que ascende a 12 millóns de euros segundo avanzou o alcalde Pérez Barral no transcurso do debate. “Con esta aprobación o goberno local cumpre coa palabra dada de aprobar os últimos trámites previos á licitación antes de rematar o 2023” afirmou o rexedor.
Asimesmo aprobouse o expediente de imposición de penalidades ao contrato de obras do novo Auditorio de Ribeira “por non entregar o edificio en tempo e forma” segundo explicou a concelleira de Facenda Herminia Pouso. “Este goberno municipal ten o deber de velar por cada euro dos fondos públicos” afirmou o alcalde Luís Pérez.

Así a empresa encargada de construír o auditorio será penalizada con 23.872 euros por incumprir os prazos, segundo o aprobado de maneira unánime polo pleno.

Pérez Barral dixo que é a primeira vez que o Concello abre expediente sancionador a unha empresa. A portavoz do PP expresou o seu beneplácito á medida, á vez que instou o executivo a actuar coa mesma firmeza en todas as obras sen empezar.

Por último o Pleno aprobou a modificación do contrato de xestión do servizo público de limpeza pública urbana para a implantación dunha ruta específica de recollida de residuos orgánicos.
A concelleira de Medioambiente, Antía Alberte, destacou a importancia da separación de residuos e a posta en marcha do servizo “en menos de 6 meses, que dotará de contedores de orgánica en Ribeira, Palmeira e Aguiño”. Pola súa parte, a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, informou sobre a posta en marcha dunha campaña de concienciación e posta en valor do reciclaxe co propósito de “informar á veciñanza sobre a correcta separación de residuos”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...