Este vindeiro sábado (23 de decembro) o Motoclub Jas A Tope, con sede en Rianxo, vai celebrar unha nova edición da súa xa tradicional Papanoelada Motera, unha quedada para a comunidade local, comarcal e galega de seareiros das motos convocada co obxectivo de celebrar o Nadal, achegar diversión a nenos e maiores e dinamizar a vila e as parroquias. As persoas participantes sairán da praza Castelao ás 16:30 h. e volverán unha hora despois logo de recorrer as parroquias do municipio (inclúese tamén unha pinchada de papanoeles na Cafetería Castelao). O propio sábado terá lugar a clausura da Casiña de Papa Noel e haberá diferentes propostas para os máis cativos na carpa de actividades que estará situada na propia praza Castelao.




