O Centro Arqueolóxico do Barbanza será galardoado nos Premios Barbantia da Cultura

15 Decembro 2023

O Centro Arqueolóxico do Barbanza, situado en Neixón, recibirá este sábado 16 de decembro o galardón á iniciativa cultural no Barbanza 2023 nos XVII premios Barbantia da Cultura 2023. Á gala de premios, que terá lugar ás 12.30 horas na Casa da Cultura do Concello de Lousame, asistirán a concelleira de Cultura, María Outeiral, e o director do Centro Arqueolóxico do Barbanza, Víctor Barbeito.

Este centro arqueolóxico rematouse de construír no ano 2002 nas inmediacións do conxunto arqueolóxico dos Castros de Neixón, formado polo Castro de Neixón Pequeno e Castro de Neixón Grande, segundo lembra o Concello “un dos xacementos con maior relevancia do noroeste peninsular”. O centro alberga unha gran colección sobre o Megalitismo na época Neolítica, a arte rupestre da Idade de Bronce e a cultura castrexa da Idade do Ferro.

O Centro Arqueolóxico do Barbanza alberga labores de información, difusión e divulgación do patrimonio arqueolóxico da península, serve de apoio á investigación e é un lugar de referencia como recurso cultural e turístico do Barbanza. “Este premio recoñece o gran traballo que durante anos se está a facer na promoción de difusión do noso patrimonio arqueolóxico e que o converte nun lugar de referencia na posta en valor dos restos arqueolóxicos e a promoción do coñecemento do noso pasado”, afirma a concelleira de Cultura, María Outeiral.

O acto de entrega dos sereos poderase ver en directo vía streaming a través da canle de YouTube da Asociación Cultural Barbantia.

Outros artigos

Luns con chuvascos e baixada de temperatura

Galicia atoparase durante esta xornada baixo os efectos dunha borrasca localizada ao norte da península Ibérica que introducirá aire frío e inestabilidade. Deste xeito agardamos unha xornada con intervalos nubrados e chuvascos, localmente treboentos e ocasionalmente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...