O Bng de Rianxo demandará que o Plan Único da Deputación recupere proxectos suspendidos polo goberno municipal

16 Decembro 2023

O Bng de Rianxo demandará que o Plan Único da Deputación recupere proxectos suspendidos polo goberno municipal

Nun vindeiro pleno da corporación de Rianxo terá que someterse a votación o chamado Plan Único da Deputación para o ano 2024. Nesa sesión plenaria o BNG propoñerá se inclúan proxectos xa deseñados polo anterior equipo de goberno, algúns xa aprobados na Deputación, cos permisos sectoriais pertinentes e xa orzamentados.

Entre eles sinalamos a primeira fase do saneamento e abastecemento de Vilanustre en Asados, o saneamento de Tronco e o segundo proxecto para Vilas. Boa parte deles formaban parte do chamado Plan Complementario do ano 2023 que permitiría abordalos neste último trimestre de ano pero que foron aprazados a instancias do goberno actual. O BNG xa avanzara que desexaba que estes proxectos, que afondan no compromiso pola ampliación dos servizos básicos para toda a poboación dos núcleos, non se eliminasen senón que fosen redirixidos a unha nova convocatoria do antigo Plan de Obras e Servizos (POS). O voto positivo do BNG dependerá desta inclusión.

Tamén, dado que conta para este 2024 cunha cantidade de 452.359 euros inicial que podería chegar a duplicarse en sucesivas ampliacións ás que engadir algunha das cantidades non gastadas en Pos anteriores pedirá recuperar e actualizar algunha das obras como unha dotación para parques infantís, para o novo edificio de arquivo municipal ou as vivendas sociais.

Atrasos en varias licitacións que deberían estar en marcha

Tamén o grupo municipal amosa a preocupación pola non licitación de varios proxectos importantes para os que quedaron os fondos blindados no anterior mandato e que son tamén proxectos de anteriores Plans de Obras aprobados. Entre eles sinalar a primeira fase do saneamento de Vilas. Un proxecto complexo na súa tramitación que implicou unha xestión difícil até acadar o visto e prace da Axencia Galega de Infraestruturas para a instalación ao pé da autoestrada AG11 do depósito autónomo para tratar os resíduos do lugar. Dotado con 168.840 euros este proxecto non ten bombeos e favorece en caída o saneamento integral do núcleo.

Tamén estaban en liña de saída das licitacións unha nova ampliación da rede de abastecemento en Taragoña, que favorecía especialmente á zona de Fachán e Chorente entre outras. Contaba con 106.840 aprobadas,

Outras actuación previstas neste plan non licitadas son a adquisición de mobiliario para catro das vivendas sociais dos Mestres (22.983) a mellora de instalación eléctrica no edificio Liceo con vistas a unha futura instalación de ascensor ou trocos na iluminación do Paseo Marítimo para mellorala.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.